jueves, 26 de febrero de 2009

Eu tamén quero ser Anxo Quintana

Confeso que son moi torpe á hora de entender a publicidade que botan na tele. Pero estarán dacordo en que algúns anuncios son casi incomprensibles. Un dos comerciais que por moito que o vía non lle lograba atopar lóxica algunha era o famoso de Anxo Quintana-Espartaco (vexan o video de máis abaixo). Para min, viña a ser algo así como un expediente X o un anuncio de Evax en chinés. Porque, sexamos serios, ¿quén carallo ía querer ser como o noso querido vicepresidente?.


Pero claro, acontecíame tal cousa porque non sabía da foto (ver cabeceira) do bo de Quin relaxándose, no verán pasado, no luxoso iate do adiñeirado constructor Jacinto Rey, agraciado ós poucos meses, e non sexan mal pensados, carallo, cunha concesión eólica valorada en 14 millóns de euros.

E vexan si teño gañas de ser como o Espartaco de Allariz que incluso editei esta entrada en galego sen me decatar. A ver cando se me pega tamén o de navegar pola ría invitado por empresarios ricachóns.

Por certo, se vostedes sinten tamén o forte desexo de chegaren a se convertir en desinteresados bloqueiros de pro, farían ben en clicar no enlace adicado a Quintana na frikipedia, onde poderán descubrir todos os segredos deste gran prohome do nacionalismo galego.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amigos lectores de este blog. Creo que hoy estamos de enhorabuena. Popeso ha decidido volver a escribir. Alabado seas. Me alegro, de verdad.

Entradas relacionadas



http://www.wikio.es